jueves, 11 de julio de 2013

Proxecto de Redución do Abandono Escolar


 

Proxecto de Redución do Abandono Escolar no Concello  de Oleiros   para o ano 2013

 

O Concello de Oleiros o abeiro da Orde do 26 de abril de 2013, pola que se convocan subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos á redución do abandono escolar nos concellos de Galicia para o ano 2013, presenta este proxecto  coa finalidade de disminuir o impacto dos factores que inciden no abandono do sistema educativo por parte do alumnado galego.

 

Para acadar a nosa finalidade desenvolveremos actividades que proporcionen unha formación integral ao alumnado e do mesmo xeito tamén impulsaremos o esforzo  de toda a comunidade educativa na procura do éxito escolar nunha labor conxunta coas  Administracións e da sociedade (Lei Orgánica 2/2006).

 

A partir da demanda detectada na poboación de Oleiros en idade comprendida 15-24 anos cun alto índice de abandono escolar e que representan un 9,45% da poboación total[1]  as actividades diríxense á mocidade que cursa segundo ciclo de ESO e PCPI con dificultades para avanzar no sistema educativo có propósito de evitar o abandono sen cualificación e sen titulación. Do mesmo xeito, dirixímonos aos mozos e mozas que abandonaron os seus estudos e que queren retomalos,  preparándoos para as probas de obtención do graduado en educación secundaria obrigatoria. Así levaremos a cabo:

 

  • Talleres de recuperación do alumnado de secundaria que presenta malos resultados académicos e/ou desmotivación para o estudo.
  • Aulas de preparación de probas libres de graduado en educación secundaria.

 

 O proxecto, en consonancia coa Convocatoria antedita, terá como guía os seguintes obxectivos:

 

  • Propiciar que o alumnado que abandonou o sistema educativo poida continuar estudos de bacharelato.
  • Atender o alumnado con menor motivación e capacidade para aprender, de xeito que se lle ofrezan respostas adaptadas ás súas posibilidades e intereses, coa finalidade de diminuír o risco de abandono ou desinterese e de prepararse para as probas de graduado en ESO.
  • Mellorar a adquisición das competencias básicas no alumnado en risco de abandono escolar.
  • Favorecer a atención educativa dos colectivos máis vulnerables, como o alumnado inmigrante ou o alumnado en risco de exclusión social.
  • Impulsar a coordinación entre organizacións e institucións do contorno para diminuír o abandono escolar.

 

O Concello conta cos medios necesarios tanto persoais como materiais para levar a práctica o proxecto e acadar os resultados previstos. A continuación, explicitamos en que consisten tales medios:

 

  • coordinadora do programa en contacto cos IES colaboradores, coas familias e có equipo  de monitores e docentes, así como cos membros das asociacións demandantes do presente proxecto.
  • instalacións educativas cedidas pola Consellería de Educación e aulas municipais, situadas en diferentes lugares do concello, equipadas cós materiais necesarios  para levar a cabo o programa de actividades que contempla o noso proxecto.

 

Deste xeito, a través do noso proxecto poderemos contribuír a  mellorar a cualificación, motivación, expetativas, intereses, etc… dos destinatarios/as, ao tempo que repercute en todos os membros da sociedade, independentemente das condicións sociais, culturais e económicas da familia e do contorno do alumno, como ben expón tanto a Constitución Española como a Lei Orgánica 2/2006.



[1] Fonte INE 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario